Buscar
lunes, 29 de abril de 2024 00:02h.

Daniel Carballo, ilustre descoñecido

Nesta data onde a sorte foi a gran protagonista e con rexoubes políticos a eito, quero axuntar ambos os dous argumentos e falarlles diso, dun político con mala sorte. Mesmo dar un paso cara adiante, porque aínda que estamos no Nadal, –son da rúa da Torre- eu xa penso no Antroido: La estatua Curros Enríquez  Le dijo a la de...

Abarrote no Parrote!

Velaí unhas das expresións proverbiais, sinónimo de fecundidade e fartura, que mellor nos define, cando a pronunciamos, como integrantes redondos da tribo coruñenta. Abarrote no Parrote ! Moi ben, mais de onde procede?  Home abarrote no Parrote vén de…xa o di o nome, de…abarrote do Parrote. Ou sexa, nin...

Talento coruñento

Confésoo abertamente, están escoitando unha gravación. Xusto neste instante, estou a vivir como público un momento coruñento especialmente intenso no auditorio do Conservatorio Superior de Música. Richi Casás, saxofonista superdotado da Agra do Orzán, cunha ampla experiencia emocional en institucións sonoras da...

Liberdade, igualdade, fraternidade

Liberdade, igualdade, fraternidade. Aínda que non teña absolutamente nada novo que dicir, calquera comentario cívico nestes días tense que dirixir directamente cara París, para expresar unha vez máis a nosa solidariedade –en termos da revolución francesa fraternidade- coas familias das vítimas de tan...

45 anos do Erkowit

1970,  por estas datas, hai 45 anos, veciñas e veciños das Mariñas aprenderon a dicir Erkowit. Nome absolutamente exótico para a xente nova. Primeiro chanzo dunha ringleira de desgrazas -Urkiola, Mar Exeo- que foron bater contra esta cidade-barco. O Erkowit viaxaba dende Europa cara Arabia cargado coma un cintolo.  Fora abordado...

Músicas da Coruña Libertaria

Alá que van fervendo, alá leva-las castañas , como xa temos comentado, até hai unhas décadas, non moitas, este era o son do outono na Coruña, coas vendedoras que pregoaban pola rúa as súas castañas cocidas metidas en grandes olas.  Teño moita curiosidade por eses sons perdidos da cidade. Sempre me...

A canción do outono

Caen as follas, sinto unha cousa que se pousa en min e non me toca … escribiu Uxío Novoneyra,  o poeta do Courel. Aquel a quen tanto prestaba baixar da montaña, e beber a bohemia por casa Enrique, no Lionardo ou no Crego na rúa da Estrela, Ai! ouridourado outono, Cunqueiro falou….Como presta recibir do cosmos o que pide o corpo: que...

Piropos para Pucho Boedo

Pucho guapo!,bonito!,cachondo!, creo que polos Castros, Cidade Vella ou Labañou aínda resoan os piropos que lle botamos onte nas festas do Ventorrillo, diante da súa estatua, a Pucho Boedo. Homenaxe ao mestre da canción coruñesa. Con música de poder a poder: Parabéns, auténtica selección da canción...

O mar tamén ten mulleres

O mar tamén ten amores O mar tamén ten mulleres Sempre que acudimos os contos do mar pensamos en grandes patróns, arpoeiros de antes e salgadores de bacallau. Mais, como proclama a cántiga, o mar tamén ten mulleres. Este venres, no festival Mar de Mares, no Palexco, tiven ocasión de comprobalo abofé....

O Romance de Porlier

En Cartagena de Indias na outra banda do mare naceu Juan Díaz Porlier que foi un gran militare. Así comeza o romance de cego, que compuxo o Rucho, un coruñés de Cacabelos, sobre unha última hora de hai douscentos anos: A revolución e morte do mariscal Porlier. Este sábado poderémolo escoitar enteiro á...

Unha última hora de hai 200 anos: Porlier

Últimas noticias, segundo fontes xeralmente ben informadas, o mariscal revolucionario Juan Díaz Porlier foi detido onte á noite en Ordes, cando se dirixía dende A Coruña a Santiago ao mando dun forte continxente militar. Os feitos aconteceron no Mesón Deus, tamén coñecido como casa Biqueira. Perto da madrugada, cando...

Alexandre de Fisterra

No hay en Coruña Zapatería    con más surtido para bebés    que la famosa casa de Campos  que está en la Estrecha de San Andrés.  Velaí un anuncio da Gaceta Pibelera, “folla antroideira”, do ano trinta e cinco. Remata con esta tríade definitiva:  Desde el...

Orzánico ritual

Son unha persoa afortunada. Principio a temporada co alento dunha experiencia marabillosa. O día un do mes que onte rematou tiven a honra de ser pregoeiro das Festas da Coruña.  Con humildade e vehemencia, levamos a María Pita –polo menos así o intentei- a mellor tradición coruñesa da música popular:...

Helicóptero na Torre

Aconteceu xa hai algúns anos. Debía realizarlle unha entrevista a un percebeiro. Esa épica dos que  agatuñan polas rochas máis rabudas para arrincar os tesouros do mar. Preguntei por Corme, por Cedeira, non acababa de pechar o contacto. Díxome alguén: Ti es parvo Xurxo!, andas buscando  lonxe, e a carón...

Cultura que une

Hoxe principia na Coruña un grande encontro entre artistas galegos e portugueses. Será ás sete e media da tarde, no xardín de San Carlos, na Cidade Vella, cun recital con textos de poetas clásicos de ambas as dúas literaturas. De seguido, unha mesa redonda na Academia, e a continuación e até o sábado...

A Coruña e Vigo son a mesma cidade (primeira parte)

Vigo e A Coruña son a mesma cidade. Xa sei que está afirmación pode soar moi abrupta. Pero A Coruña e Vigo son a mesma cidade, e a máis prístina proba é que Abel Caballero, cun grandísimo apoio da cidadanía todo hai que dicilo, quere ser como Paco Vázquez. Permítanme tirar por regos pouco...

O prato do Titanic

Aínda que as portas do porto estean sempre pechadas, os máis grandes tesouros chegaron sempre a esta cidade por mar. Ás veces o obxecto máis humilde garda a maior das sorpresas. Nunha virada do ano 81, AntonioVarela, patrón do Pakea Lurrean, atopou entre o peixe un prato cativo moi aqueladiño. Cando recalou no Muro, regaloullo ao...

A Coruña invisible

Moito che me gusta de cando en vez facer unha visita a un instituto, un saúdo para os rapaces e rapazas de Elviña. Hai só unhas só estiven cun grupo deles, a parolar sobre unha cuestión latexante: “A Coruña invisible”, ou esa inadecuación, ese desleixo, entre a cidade que todos dicimos querer tanto e os nomes...

Finita Gay

Como me acontece en cada primavera, hoxe erguinme pensando en Finita Gay. Quizá non lle soe o nome, e debería porque Finita foi a grande estrela destas Mariñas, a primeira muller que, alá nos anos corenta subiu a un escenario no campo da festa.                            ...