Buscar
miércoles, 15 de mayo de 2024 01:43h.

Lois Pereiro

Sigo os pasos do sangue no meu corpo  e coa unlla do meu dedo máis firme                                                                                ...

O día dos enganos

“O un de abril van os burros onde non teñen que ir”, e que ninguén se dea por aludido. Non fago ironía ningunha sobre quen escolleu un destino vacacional equivocado para esta Semana Santa. “O un de abril van os burros onde non teñen que ir” é tan só a verbalización dun retrouso popular, que documenta a...

Monte Alto, Monte Pindo

Alegría en Monte-Alto, este sábado pola mañá teremos a primeira romaría da primavera. Monte-Alto/ Monte Pindo, a festa do carballo que hai tres anos foi plantado no campo de Marte, como alianza entre estes dous míticos outeiros.   Amizade feita árbore entre a rúa da Torre –epicentro do antroido...

Con don Álvaro en primavera

Será este venres, só faltan uns días. Cada mañá agardo escoitar o primeiro cucar do cuco. Como a propia ciencia meteorolóxica indica, o canto do cuco é o máis prístino anuncio da chegada da nova estación. E moita faltiña che nos fas: Primavera. Como todos os anos, agardo a súa chegada...

Luísa Villalta: en concreto

“cidade tatuada na pétrea pel do mar”, escribiu Luísa Villalta. A poeta morreu moi nova, mais regalounos para sempre este grande Cántico da Coruña, o seu libro “En Concreto”.                                       Agora que...

A canción das cigarreiras

Leo no pé de páxina da miña axenda:  3 de marzo de 1831, as cigarreiras da Palloza protagonizan un montín  en defensa dos seus dereitos salariais e da súa dignidade. E eu digo: abenzoada cidade esta na que non existe título de nobreza máis importante que ter tido  unha avoa cigarreira. Título moi...

Coresma musical

Frío febreiro. Morreu o Antroido. Coresma. Como todos os anos en data tan rosaliana préstame lembrar unha grande historia de música e aventuras. Sábeno ben os veteranos. Na ditadura, por mandato de Monseñor Quiroga Palacios, arcebispo de Santiago, pechaban as pistas de baile até o día de Pascua Florida, no remate da...

César San José, Choqueiro!

A estas alturas xa levaría unha semana de vacacións, ou o que é o mesmo unha semana disfrazado de Carrapuchiña Vermella, Abella Malla ou Isabel La Católica. Falo de César San José, choqueiro maior da rúa da Torre. Todos o coñecemos, César foi durante décadas o camareiro de voz profunda da...

Polas fillas dos nosos fillos, queremos galego!

Polas fillas dos nosos fillos, velaí o lema da gran manifestación que o vindeiro domingo convoca en Santiago a plataforma cidadá Queremos Galego ! E axiña alguén dirá, buh! con tanto paro, tanta empresa en quebra, hai outras prioridades alén da dignidade da lingua e da cultura. Precisamente por iso, porque vivimos un tempo...

O clarinete de Nova York

Lembro ben cando entrei na casa do escritor Irlandés, Michael J. Carroll, en Bantry. Aquel salón cuspidiño á “habitación do vello Mariñeiro” de Urbano Lugrís. Entre todos os estímulos náuticos sinalou unha grande pintura enriba da cambota:  Tu esto lo conoces, verdad? Mireina con...

Coruña-Buenos Aires, contrabando de azafrán

Xa quere cheirar a Antroido.  Entre as cancións choqueiras do mestre Canzobre, lembro a do Fantasma de San Amaro . Estrañas luces espectrais que se vían pola noite na ribeira, e que resultaron ser contrabandistas de alcohol. Si, ese coñac -primeira marea do Gran Sol- polo que toleaban os irlandeses do porto de Bantry. Entre os contos...

Coruña Irlanda, a marea do coñac

Creo que por diante desta porta pasaba decote a brigada do carriño…-Michael entra no engado cun sorriso.  - Si, sempre que chegaban os barcos galegos había unha explosión demográfica de cativiños… Continúo impenitente coa miña ruta dos Contos do Mar de Irlanda. Ano 2008, estou en Bantry, na casa do...

Vigocoruña, a cidade atlántica

Mariñeiros da Marola, illas Cíes e do Orzán, escribiu Curros Enríquez. Na descrición desta parte do mundo funciona como verdade absoluta o antagonismo Vigo/A Coruña. Tensión irreconciliable, tópico interesado –e mentireiro- abofé. Pois sobre a continxencia localista, sempre larpeira de odios e...

O Pandigueiro Apalpador

Segundo o costume de cada familia moitas rapazas e rapaces van ser atencionados nestas datas coa visita en forma de agasallos de Papa Noel, e moitas e moitos serano en breve coa chegada directamente dende Oriente dos Tres Reis Magos. Mais hai algúns nenos, cada ano máis,  que reciben tamén o saúdo do señor Pandigueiro Apalpador! Xa...

V Día Lugrís

Meu gran Urbano, escríboche na badía de Muros a bordo dunha goleta cargada de esmeraldas. Somentes ti podes imaxinar a marabilla que fai o sol brincado de proa a popa. O capitán é un maltés de ollos garzos, barba saladina e un amuleto de nácar sobor do peito. É un home prevenido,  en Quios arrecadou corenta odres de...

O mar de María Antonia

Torre de Hércules da Cruña ben te podes alabar levas máis de dous mil anos sen deixar de alumear…. Así cantan Os Tamara, na súa peza o Faro máis vello. A base de salsieiros, enseadas e furnas, ao pé da Torre, o vento e o Atlántico construíron un fermosísimo monumento lítico. Ao...

Violencia, nunca máis!

Momento coruñento…e momento ben triste pola conmoción que segue a vivir toda a cidade. Pido desculpas polo micrófono telefónico, afeitos como están á prístina sonoridade desta casa. Non teño outra opción, atópome en Pontevedra, literalmente dentro da exposición dos XX anos do Bravú,...

Visitación de Santa Mariña

Aconteceu hai tempo.Visitación, Visi, era unha muller da aldea de Santa Mariña, Camariñas. Casas recollidas no monte porque na beira zoupa un mar bravo de máis. Visi era forte, era disposta, ía ao mar e andaba aos percebes. Naufragou por aló un navío. Visi dende o outeiro viu un inglés delicado, camiñando...

Xaime Cabanas

A bohemia coruñesa ten un nome, Xaime Cabanas. Aquel que no pub o Patacón, cun borrancho do dedo mollado no café, era quen de pousar na servilleta todo o misterio do mar do Orzán.   A súa pintura leva os nosos trazos, o código co que fala a noite nesta cidade. Arte e vida chea de exceso. Xaime, como bo bohemio, morreu cunha...

Jamusto

Momento coruñento…e momento de castañas que xa arrecenden asadas polas rúas:                               Non chas quero, non chas quero,  castañas, castañas do teu magosto. Non chas quero, non chas quero        ...