Buscar
miércoles, 15 de mayo de 2024 05:29h.

Eduardo Pondal

O 8 de marzo de 1917 finaba no hotel La Lucens, da rúa Juana de Vega, o poeta Eduardo Pondal. Unha década despois, xuño de 1928, a uns poucos metros de distancia, saían o María e o Gumersindo, a primeira parella cara a auga do Gran Sol. Dende que o bardo de Bergantiños reivindicou dende o alto da Torre a lenda de Breogán,...

Cantigas de Terranova

Continúo nesta longa ruta cara o espazo interior: Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol, sen saír na Coruña. A compartir as falancias do libro “Contos do Mar de Irlanda”, mañá mércores, coa libraría Suevia, no local da Asociación de Veciños -rúa Entrepeñas 38- da Agra do...

A Coruña-Terranova

Houbo barcos que se chamaron Bastiagueiro e Riazor, tamén Palloza e Parrote, que cruzaron o mar para encher o Muro de bacallau. E aínda que agora por eses peiraos xa case todo sexa silencio, as historias quedan e de cando en vez – xa saben, ando na ruta dos “Contos do Mar de Irlanda- chegan até os nosos ouvidos terrícolas.  ...

O indio da Mariña

Como todos os nenos do meu tempo, pedíalle decote aos meus pais que me levasen ir ver o indio. Síux , ás veces aparahoe  -todo dependía da película que botasen ese sábado na televisión-, velaí estaba a gran talla de madeira a me esperar nos soportais da Mariña . Gardaba a entrada do café Saloon,...

Ósos de balea

Coruña-Malpica, vilas penínsulas, unidas por esta condición de cidade-barco. Tamén pola pintura de Xaime Cabanas e de Urbano Lugrís. Este domingo tiven a sorte de participar nun roteiro malpicán da man de dous poetas do Caldeirón, Paco Souto e Paco de Tano, en hora do artista que por aló chegou disposto a debuxar...

A FoliAGRA na AGRA do Orzán

A un gran sabio da cultura galega, Felipe Senén, moito lle presta pasear pola rúa Barcelona. Vive na outra banda da cidade, mais sobe decote a estes outeiros, porque di que camiñar pola rúa Barcelona é volver pasear polo Carballiño da súa infancia. O profesor César Morán aínda che dá un paso...