Buscar
jueves, 16 de mayo de 2024 00:01h.

Músicas da Coruña Libertaria

Alá que van fervendo, alá leva-las castañas, como xa temos comentado, até hai unhas décadas, non moitas, este era o son do outono na Coruña, coas vendedoras que pregoaban pola rúa as súas castañas cocidas metidas en grandes olas. 
Teño moita curiosidade por eses sons perdidos da cidade. Sempre me preguntei por exemplo como sería a banda sonora da Coruña libertaria –durante a República chegou a haber,vinte mil obreiras e obreiros afiliandos á CNT- sobre a que hoxe  (fóra magníficos traballos dalgúns historiadores, Emilio Grandío ou Dionisio Pereira ) xa case nada sabemos.
Este xoves fun falar do magosto -jamusto nestas Mariñas- a un centro de ensino de referencia: o Tomás Barros, na Agra do Orzán. A directora, Araceli, ensinoume esta cantiga do seu avó, o barbeiro libertario, Pedro Cao. Desculpen a pouca habelencia na interpretación o importante é o documento:
Ya luce en el firmamento
Del claro día la aurora, 
Pues tremola en tu bandera
Los titanes de la FAI.
Anarquía redentora
Sublime bello ideal,
A túa influjo el capital
Vive su última hora.
Viva la fai, viva la fai
Y su hermana CNT  
Que otro no hay
Que otro no hay,
Que luche con tanta fe.

A cántiga libertaria do barbeiro Pedro Cao. Sons de antes que tamén debemos coñecer, para entendérmonos, se queremos erguer, pisando firme, o noso propio futuro.