Buscar
domingo, 28 de abril de 2024 00:00h.

Eleccións xerais en clave galega

Onte seguín os resultados electorais dunha maneira excepcional: con xente, falando e ouvindo e non tanto facendo zapping radiofónico e televisivo e embebedándome das análises do nutrido exército de sabios que predican aquí e acolá. Debo recoñecer que os datos que máis me interesaban eran os referidos a Galiza...

Debate electoral no Coruñés Opina

Domingo limpo pero invernal na baía coruñesa. Radio Coruña celebra o debate entre os cabezas de lista ao Congreso pola Coruña. Un clásico moi esperado. Só quedou no tinteiro unha análise das políticas culturais e das referidas á normalización da lingua propia do país. Domingo de enquisas que...

Cidades rebeldes

O encontro de diversas organizacións municipalistas reunidas na Coruña o pasado fin de semana permitiu intercambiar experiencias, evidenciar desafíos e atrancos comúns e ollar o futuro xa coa experiencia breve pero intensa de medio ano na gobernanza das cidades. Aforrareille ao lector e lectora a nómina completa dos e das...

Xulio Ferreiro no Foro 'Nueva Economía' en Madrid

Son moitas as ocasións en que o alcalde da Coruña é requirido para expresar opinións que son acollidas con interese e con respecto porque encarnan un modelo de xestión e unha nova filosofía política que o levou a liderar unha incuestionábel vitoria da súa formación política. De 0 a 10 concelleiros...

Iglesias na Moncloa

Grazas a YouTube vin e escoitei a comparecencia na Moncloa de Pablo Iglesias. A verdade é que entre Mariano e os seus adversarios na política española todos gañan e fan do actual presidente español un político desfasado, que pasaría por todos os postos e subiría todos os chanzos pero que non sae airoso das preguntas...

O novo goberno galego

Escoitadas diversas análises, sempre interesadas, dos cambios do goberno galego non encontro o que buscaba. Teño a impresión de que o presidente da Xunta volve ir de farol, xoga ao engano, finxe ter folgos, aparenta mudanzas que só existen no seu imaxinario electoralista. Encántanlle ter ocupados aos escribidores e aos faladoiros. En...

100 días dabondo

Ao se cumpriren os primeiros 100 días de goberno da Marea cadaquén bota as súas contas e conta os seus contos. O labor do equipo de Xulio Ferreiro está acompañado de moitos atrancos e dificultades como se comprobou nas fracasadas tentativas de aprobación dun modificativo de crédito ou na previa organización do...

Agosto non existe

Xa terán notado que agosto non  existe. Nunca existe. Este ano tiven moi perto de min a persoas que pasaron cada un dos seus días traballando até a extenuación porque aínda sen existir agosto devora a escasa enerxía con que comezamos o mes. Sexamos titulares ou bolseiros. Para outros agosto foi o mes das inclemencias e o...

As cidades rotas

Mirando para atrás unhas décadas constatamos a sucesión de moitas cidades rotas. Aquí e acolá. Os intereses duns poucos coa complicidade de certos políticos, financeiros ou grupos  de  comunicación  foron  facendo  posible  a  destrución  arquitectónica,  o  caos...

Manuel María

Non é doado expresar a ledicia profunda que sentimos moitos cando soubemos que Manuel María ía ser o protagonista da celebración das letras nacionais en 2016. Coñecémolo, a el e á súa nai, en 1981 nas festas de Pastoriza (Arteixo) por mediación de Filipe Senén e desde entón tivemos o privilexio de...

O conto das contas

Aínda que se se trata dun documento moi técnico e de difícil lectura para os profanos na materia, botamos un ollo ao Informe (pode verse en www.coruna.es )  que a Intervención Xeral do Concello da Coruña asina o pasado día 30 para describir cal é a súa situación económica e financeira a 15 de...

Das medallas Castelao

Se quere o presidente da Xunta reivindicar e practicar o conxunto ideolóxico que encerra o nome de Castelao ten todo un universo por diante e unha tarefa laboriosa. Como profesor que coñece ese conxunto podo dicirlle ao señor presidente que o seu suspenso é categórico e rotundo. E que vista a súa práctica política non...

Marea Atlántica: información e política

Unha das cousas que ninguén discute nestes primeiros días de goberno da Marea na Coruña é a presenza mediática que o alcalde conseguiu para explicar alí onde o convocan as particularidades do seu proxecto político. Case compite cos alcaldes das grandes cidades españolas que teñen ademais máis ascendencia...

Xulio Ferreiro nun día alegre e histórico

O sábado 13 de xuño vivimos en María Pita co equipo de Radio Coruña que dirixía Consuelo Bautista a sesión constitutiva da nova corporación municipal , o xuramento/promesa dos concelleiros e a toma de posesión do novo alcalde Xulio Ferreiro quen tivo a deferencia de nos acompañar un momento e atender as...

A renuncia de Carril

Acabamos de coñecer a renuncia do candidato do BNG á alcadía coruñesa Xosé Manuel Carril e a súa substitución por Avia Veira. É unha das derivadas –haberá máis no PP e no PSOE- que deixa o 24M. Trátase dunha mala noticia porque ninguén discute a competencia, a entrega e o excelente...

Ferreiro/Negreira: encontros na primeira fase

Son dos que pensan que a cidadanía está moi atenta logo de celebrarse unhas eleccións a como se executa e a como se dixestiona o mandato popular. En democracia, como en todo na vida, as formas son moi elocuentes. No caso coruñés ese mandato, como recoñece Mar Barcón estes días, é inapelábel. Logo dunha...

Retos da Marea: Emerxencia Social, transparencia e participación

Os equipos da Marea Atlántica teñen diante de si unhas xornadas de moito traballo e de moita responsabilidade. Garantir a proclamación como alcalde do seu candidato, administrar con éxito o traspaso de poderes e facerse co control político e administrativo dunha maquinaria tan complexa como o Concello da Coruña e os seus centos de...

24M: Saber gañar, saber perder

Sempre me resultou moi interesante a forma con que os deportistas asumen a vitoria e a derrota. Saber perder, asumilo, recoñecelo, facer autocrítica e felicitar cordialmente ao rival é propio en termos deportivos dos grandes, case diría dos máis grandes. Tampouco é fácil saber gañar, máxime cando se gaña...

A Marea anega María Pita

Vivimos nos estudos centrais de Radio Coruña-SER unha noite electoral atípica porque desde moi cedo se foi configurando o titular da xornada: a Marea Atlántica vence nas eleccións municipais na Coruña, consegue 10 concelleiros e supera por un cento en número de votos ao PP, o gran derrotado, polo que Xulio Ferreiro está...

Non vai máis: a votar

Un ten a sensación de que entre precampaña e campaña levamos moito tempo comentando e entendendo as claves das eleccións municipais do domingo. Non sei que dirán os lectores e os seguidores de Radio Coruña pero nós agradecemos que acaben as cábalas e que se abran as urnas.