Buscar
martes, 14 de mayo de 2024 00:01h.

Adeus a María do Carme Kruckenberg

Tivemos o inmenso privilexio de coñecer a María do Carme Kruckenberg que acaba de deixarnos no seu Vigo natal aos 88 anos. Viaxeira impenitente, autora de máis de dúas ducias de poemarios, amante das artes e da vida, transmitía unha coraxe e unha vitalidade impropias da súa idade. Unha das últimas veces que falei con ela...

Debate no Coruñés Opina

Coincidindo co Día das nosas letras, no que o concello da Coruña suspende clamorosamente, e antes dun partido decisivo que o Deportivo resolveu con vitoria, celebrouse no Hotel María Pita un debate electoral protagonizado polos cabezas de lista das formacións políticas agás o PP que decidiu enviar non ao candidato a alcalde...

A teima da estabilidade

Nesta campaña electoral unha das palabras estrela é “estabilidade”. As palabras trampa teñen moitos perigos. Poden significar unha cousa e a contraria e tamén non dicir nada. Poden simplemente ocultar os verdadeiros asuntos que interesan. Renego da estabilidade se é para reducir servizos básicos, para privatizar o...

As Coruñas do BNG

Hai catro anos na Coruña as eleccións eran tan disputadas coma hoxe. Dilucidábase se Negreira e o seu equipo derrotarían por maioría absoluta aos seus adversarios socialistas e nacionalistas logo de estes gobernar en coalición. Losada encarnaba un modelo de cidade esgotado e negábase a entender o retroceso que o ía...

Chegar e encher

Unha das cousas máis difíciles de dixestionar no actual momento político é comprobar como a cidadanía pode retirar o seu apoio a forzas políticas que teñen un traballo contrastado, un coñecemento dos problemas de cada cidade ou vila e un discurso nítido, na dirección que sexa. Poñamos o exemplo do...

20.600 parados

Recentemente Eurostat (http://ec.europa.eu/eurostat) publicaba as listaxes das rexións europeas con máis paro e nos primeiros lugares aparecían Andalucía,Canarias, Ceuta, Estremadura, Castela a Mancha e Melilla con porcentaxes que ían do 28.4 ao 34.8%. Nos caso de mozos parados (de 15 a 24 anos) tamén  as  rexións...

Debate si e xa pero con todos

Están seriamente errados aqueles que pensen que a estas alturas da película política (coruñesa e galega) os debates electorais son unha esmola que ofrecen á cidadanía aqueles que tiveron máis votos e poder no pasado. E tamén aqueles que queren decidir por riba da realidade e dos electores os que deben ser...

A enquisa de Radio Coruña

O panorama político de cara ás próximas eleccións non pode ser máis cambiante, volátil e imprevisíbel. A enquisa encargada por Radio Coruña á Facultade de Socioloxía da UDC así o suxire. O bipartidismo imperfecto daría paso no concello coruñés a un novo mapa máis...

25 anos sen Carvalho Calero

Cumpríronse 25 anos do pasamento do escritor, profesor e pensador Ricardo Carvalho Calero. Aínda sendo certo que unha parte da oficialidade fai o posíbel e o imposíbel por esconder a don Ricardo e ao seu lúcido pensamento, temos a impresión que esa manobra é totalmente estéril. Chegará o día,...

Retrincos da vella política

O último Pleno Municipal coruñés serviu, entre outras cousas, para comprobar como a maioría que goberna non quere un debate monográfico sobre os casos de corrupción que afectan ao concello e que se nega a revisar de oficio actos e acordos das Xuntas de Goberno (2004-6) decisivas segundo o BNG para dirimir posíbeis...

Avisos das eleccións andaluzas

Temos a impresión de que os mapas políticos en España están desaxustados e que o vendaval de procesos electorais que principiou en Andalucía vai servir para proceder a ese inevitábel axuste. Como vai pagar o PP o conxunto dunhas políticas que asfixiaron e noquearon a unha parte moi importante da xente? En que medida vai...

Primarias na Marea

707 persoas participan nas primarias da Marea Atlántica para configurar a súa listaxe electoral ás próxima eleccións municipais. Para participaren cumpriron uns requisitos mínimos: vivir na cidade e asumir o manifesto dos mareantes. O proceso era diáfano e público. Presentábanse cinco candidaturas, catro...

O poder na Coruña

O amigo Manolo Monge congrega en Portas Ártabras a unha nutrida e plural representación da sociedade coruñesa para presentar o volume O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira, terceira peza da triloxía comezada con A Coruña de Paco Vázquez (2003) e Outra Coruña é posíbel (2007). Botouse en falta a...

Benvido Xulio Ferreiro

A medida que se aproximan as eleccións municipais, as candidaturas van ofrecendo as súas novidades. Concelleiros que abandonan. Novos candidatos que se asoman. No que respecta ás primeiras figuras na Coruña,  dado que Negreira, Barcón e Carril repiten, a novidade está representada polo profesor de dereito procesal Xulio...

Picasso e a cultura

Como tantos outros coruñeses, visitamos no Museo de Belas Artes “O primeiro Picasso” onde ademais  de  contemplar obras (caricaturas,  traballosacadémicos,  o seu bestiario, paisaxes, xornais e álbums, retratos) daquel Picasso case neno que vive na cidade (1891-1895),  tamén dispoñemos de...

Carta dun coruñés errante*

Nos últimos quilómetros ficara durmido no colo da miña nai. Xa non lembraba as horas que levabamos de viaxe. A voz de meu pai na traseira da carrilana volveuse enérxica por un instante: -“Abaixo, abaixo, xa estamos na Coruña. Por fin chegamos”. Xa fóra do vehículo, meu pai iniciaba a marcha levando a...

Urnas baleiras

Cando se convoca un proceso electoral polo menos de forma teórica todos os apoios obtidos no pasado polos partidos concorrentes volven ao punto cero. Mesmo como agora algunhas marcas políticas –véxase a promovida pola Marea Atlántica- non existían. As urnas están baleiras e os cidadáns, de todas as cores e de todas as...

Queremos galego

Queremos galego. Todas e todos estamos seriamente preocupados polo panorama que debuxan os datos do IGE sobre a vitalidade do galego. Eses datos demostran que a política lingüística dos nosos gobernos lonxe de ser a acertada está claramente descamiñada. Que os responsábeis políticos como case sempre miren para outro lado, non...

Urxencias médicas

Un dos debates máis importantes que se están producindo nestes anos de recortes ten que ver coa sanidade pública. Nun estado onde calquera, polo xa visto, pode ser ministro de sanidade. Os defensores da nosa sanidade denuncian unha redución alarmante de recursos económicos e humanos no conxunto do sistema que se traduce á forza...

Eleccións municipais: demasiadas incógnitas

Unha das novidades dos procesos electorais que se aveciñan é que parecen máis abertos e imprevisibles ca nunca. Uns poden perder o lugar de privilexio que viñan ocupando. Outros aspiran a cotizar dentro das institucións. E aínda hai quen debe pasar o exame cidadá ás súas reestruturacións. Teremos que...