Buscar
viernes, 03 de mayo de 2024 00:00h.

20.600 parados

Recentemente Eurostat (http://ec.europa.eu/eurostat) publicaba as listaxes das rexións europeas con máis paro e nos primeiros lugares aparecían Andalucía,Canarias, Ceuta, Estremadura, Castela a Mancha e Melilla con porcentaxes que ían do 28.4 ao 34.8%. Nos caso de mozos parados (de 15 a 24 anos) tamén  as  rexións  españolas  aparecían  nos  primeiros  lugares:  Ceuta, Andalucía, Castela a Mancha ou Canarias con porcentaxes que ían do 57.4 ao 67.5%.

Os  datos  da EPA (http://www.ine.es/daco/daco42/daco4211/epa0115.pdf) correspondentes  ao  primeiro  trimestre  de 2015 foron decepcionantes  para todos os analistas  e nin  os  membros do goberno puideron evitar  sinais  dedecepción  ás  portas das  eleccións  municipais  e  autonómicas.  Destruíronse114.300 postos de traballo, a taxa de paro sobe ao 23.78% e cae a poboación activa en 127.400 persoas. Por seguir cos datos negativos: medra a taxa deparcialidade, o paro feminino e o número  de  fogares  con  todos  os  seus membros en paro.

Galiza sitúase entre as comunidades nas que máis aumentou o paro (11.900) xunto con Valencia e as Illas Baleares. No concello da Coruña o paro sobe un0.9%, como recoñece a concelleira de emprego e empresa, chega ao 17.5% exa afecta a 20.600 persoas.

Parece  evidente  que  se  os  nosos  gobernantes  confiaban  nos  datos económicos para remontar as súas previsións electorais a cousa non lles vai ben. Así tamén se explica que nas enquisas na Coruña o PP perde a maioría absoluta de que agora dispón.

O espectáculo que ofrecen os casos de corrupción protagonizados por onte ilustres figuras da política española dos últimos decenios permite pensar dúas cousas: que a política económica foi errática e que os que debían direccionala correctamente non o fixeron.O  día  24  de  maio  saberemos  cantos  cidadáns  votan  por  outras  políticas orientadas a defender as persoas e os seus dereitos, a mudar a estrutura do noso desenvolvemento económico e a castigar severamente unha corrupción que nos empobrece e avergoña. Dentro e fóra do país.