Buscar
martes, 14 de mayo de 2024 00:02h.

A ocultación de Castelao

Dentro desa forma de participación política e democrática que son as Iniciativas Lexislativas Populares, a Federación de Asociacións Culturais que preside Mª Pilar García Negro, promove unha para que as institucións galegas cataloguen, dixitalicen, difundan e museicen a obra do político e artista Alfonso Daniel...

Grecia somos nós

A Unión Europea e iso que chamamos os mercados puxeron desde hai anos os seus ollos na vella e culta Grecia. Coma en ningures dentro da eurocasa, as políticas de austeridade e a prevalencia dos intereses deses mercados sobre a cidadanía provocaron unha desfeita destrutiva que se manifesta nunha taxa de paro superior ao 25%, nunha débeda...

Bo Nadal e feliz ano novo

A medida que cumprimos anos, o Nadal adquire insospeitados matices: a lembranza nostálxica daqueles que xa non están e o desprezo de formas celebratorias carentes de sinceridade. Un consumismo desaforado –que cada vez menos xente pode permitirse-tampouco mellora a vivencia destes días. Para os que nos dedicamos a comunicar sempre temos presente...

Paro, paro, paro, menos paro por favor

Acabada a época estival, os datos do paro volveron ser alarmantes e desmenten os comentarios optimistas fabricados desde os ámbitos gobernamentais. Alguén, nun arrebato de inconsciencia, mesmo quixo dar por conclusa a crise! Claro que todos quereríamos mellores datos e aínda non aplaudindo o modelo económico co que se nos castiga,...

O galego, materia suspensa

Cando entre outras cousas non hai un goberno galego lealmente comprometido coa normalización da lingua propia do país, os datos sobre uso e coñecemento do galego son sempre preocupantes. Por non falarmos de gobernos locais como o coruñés cuxa política lingüística é claramente regresiva a respecto do goberno...

Fútbol: entre a paixón e a violencia

O asasinato en Madrid de Francisco Javier Romero Taboada o pasado día 30 encolleunos a todos o corazón. Coruñeses e non coruñeses. Deportivistas e non deportivistas. A fronteira entre a paixón e a violencia foi outra vez violada. As imaxes e a información do acontecido non debían formar parte da crónica deportiva. A...

A Esmorga xa é cinema galego

Son unha das 10.000 persoas que foi ver A Esmorga a un cinema comercial galego. Atendendo o chamamento do equipo artístico e técnico da película que pedían que aqueles que queriamos cinema galego, cultura galega, lingua galega achegásemos algo de nós vendo a obra de Ignacio Vilar. Pero fomos nós os recompensados. A...

Roberto Rivas, civismo e coraxe

O bombeiro Roberto Rivas foi condenado nunha sentenza xudicial a pagar 600 euros acusado pola Subdelegación do Goberno de Mariano Rajoy de alterar a orde pública cando se negou a facilitar a entrada dos funcionarios xudiciais á casa na que vivía Aurelia Rey e por exhibir un cartaz dun colectivo contrario aos desafiuzamentos. Na banca ética...

9 N: Democracia e civismo

Os cronistas máis próximos e os menos intoxicadores resumen o acontecido en Cataluña o pasado 9N como un éxito de participación e mobilización. Máis de 2.300.000 persoas desafían os vetos, vencen o medo e as ameazas e perante os ollos do mundo dan continuidade ao mesmo clamor expresado nas últimas Diadas e na...

O xesto de Jordi Savall

O músico catalán Jordi Savall rexeita o Premio Nacional de Música que concede o Ministerio de Cultura por considerar que o Goberno español practica un desprezo á arte, ao valor da cultura e á dignidade dos músicos e dos creadores. En particular dos sacrificados músicos consagrados a revitalizar o patrimonio musical...

Mareas e mareados

A erosión e por veces descomposición que se percibe en moitos elementos da vida pública –véxase nas últimas horas a operación Púnica- provoca unha desconfianza da cidadanía nos partidos políticos sistémicos e en varios dos outros actores: organizacións empresariais e sindicais, órganos...

Teresa

Desde a distancia construímos unha candea, desde as terras verdadeiras dos Ancares, desde as rías amorosas da patria. Desde o mellor de cada un de nós. No sexto andar do Carlos III-La Paz reprodúcese desde hai varias xornadas un dos diálogos máis conmovedores que a humanidade pode fabricar.  O equipo de sanitarios que se...

Touros e votos

Se se cumpren na Coruña as expectativas que anuncian unha derrota severa do bipartidismo -alí onde existir- e un castigo electoral ao partido hoxe hexemónico, todos os acontecementos que se debaten na cidade son aínda máis relevantes. Os últimos episodios, a catastrófica xestión do Ébola e o que xa sabemos das...

Luísa Villalta

Cúmprense dez anos da desaparición da escritora, profesora e música coruñesa Luísa Villalta. Lembro con motivo do seu pasamento algunha conversa cos seus pais para ultimar os preparativos dunha primeira homenaxe emotiva e dolorosa. Cando preparabamos o libro Poemas coruñeses fomos máis conscientes de que as cidades...

Cataluña

Amparado na Lei 10/2014 de consultas populares, o President catalán asinou o Decreto 129/2014 polo que se convoca unha consulta sobre o futuro político de Cataluña prevista para o 9 de novembro. Esta textualidade legal pretende seguir os principios de “lexitimidade democrática, pluralismo e legalidade”, dar cumprimento a un mandato...