Buscar
sábado, 18 de mayo de 2024 00:03h.

Picasso e a cultura

Como tantos outros coruñeses, visitamos no Museo de Belas Artes “O primeiro Picasso” onde ademais  de  contemplar obras (caricaturas,  traballosacadémicos,  o seu bestiario, paisaxes, xornais e álbums, retratos) daquel Picasso case neno que vive na cidade (1891-1895),  tamén dispoñemos de testemuños daquela urbe finisecular, de obra posterior relacionada con estesanos, obra de mestres como Brocos ou Navarro, ou de pintores da mesmaépoca como Ovidio Murguía. Pódense ver obras tan míticas como A nena dospés descalzos ou o retrato de Pérez Costales.

“O  primeiro  Picasso”  serve  para  que  se  salde  parcialmente  unha  contapendente que a cidade tiña co pintor e o pintor coa cidade. Moitas persoas como Ángel  Padín,  cuxos libros  non  vimos  na exposición, foron facendo o preludio desta exposición e dalgunha maneira preparando ese reencontro entre A Coruña e Picasso. As cousas non nacen dun día para outro.

Pero esta  exposición debe ser posta en relación co estado  da  cultura en España e segundo un informe da Fundación Alternativas as cousas desde 2011 van de mal en peor. Teatro, danza, música, libros e cinema experimentaronunha baixada de consumo superior ao 25%. É iso é preocupante para hoxe, copeche de millares de empresas e coa perda de moitos empregos, e para mañá.As  diversas  administracións  públicas  baixaron  severamente  o  investimentocultural que non dá organizado o novo universo dixital mentres seguimos cunIVA do 21%.

Picasso só non  chega. Non era iso. Hai que defender a cultura pola  súa repercusión no PIB, no mercado de traballo, na riqueza do país pero tamén como un instrumento indispensábel para seguir  construíndo unha sociedade democrática e avanzada.“O primeiro Picasso” é unha regalía indiscustida. Volveremos a el. Pero non para perdermos a visión de conxunto. O propio Picasso non nolo perdoaría.