Buscar
martes, 14 de mayo de 2024 00:01h.

Non vai máis: a votar

Un ten a sensación de que entre precampaña e campaña levamos moito tempo comentando e entendendo as claves das eleccións municipais do domingo. Non sei que dirán os lectores e os seguidores de Radio Coruña pero nós agradecemos que acaben as cábalas e que se abran as urnas.

Un ten a sensación de que entre precampaña e campaña levamos moito tempo comentando e entendendo as claves das eleccións municipais do domingo. Non sei que dirán os lectores e os seguidores de Radio Coruña pero nós agradecemos que acaben as cábalas e que se abran as urnas.

A Coruña ten moitísimos problemas sobre a mesa. Algúns herdados do pasado e nunca resolvidos e outros fabricados durante a última lexislatura. Gañe quen gañe, iso dirao a cidadanía votando e absténdose, os problemas non se van resolver da noite para a mañá.

As previsións económicas son pesimistas e agárdase aínda un longo período con taxas de paro insoportábeis. Pero para actuar neste marco de escaso e precario traballo, con algunhas empresas importantes (Alcoa) esixindo medidas que garantan estabilidade hai que saber aproveitar as moitas posibilidades que ofrece a gobernanza dun concello dun cuarto de millón de habitantes.

Gañe quen gañe agardamos que a cidade avance en transparencia e en democracia real e que dunha vez por todas se combata a alarmante desigualdade, a exclusión, que se ofreza algunha alternativa aos mozos que non entran no mercado laboral e aos adultos que foron expulsados del.

Ogallá a nova corporación atenda máis e mellor aos esquecidos barrios da cidade, ogallá extirpe definitivamente as prácticas esscurantistas e corruptas e ogallá entre todos sexamos quen de construír unha cidade máis solidaria, máis humana, menos desigual, máis verde, máis metropolitana e por suposto orgullosa da súa condición de galega.

Moito se falou da dialéctica da cidade do 1% e da cidade do 99%. Eu digo aos amigos e lectores destes artigos que estou coa cidade dos segundos, coa Coruña rebelde e orgullosa, culta e memoriada que aspira a cotizar alto e claro en María Pita.

Acabáronse os discursos. Calarán os candidatos. Toca votar. Agora ocuparemos os cidadáns o protagonismo da escena democrática. E poñeremos a cada quen no seu lugar. Do que aconteza seguiremos falando a partir do día 25.