Buscar
martes, 14 de mayo de 2024 13:35h.

As cidades rotas

Mirando para atrás unhas décadas constatamos a sucesión de moitas cidades rotas. Aquí e acolá. Os intereses duns poucos coa complicidade de certos políticos, financeiros ou grupos  de  comunicación  foron  facendo  posible  a  destrución  arquitectónica,  o  caos urbanístico, a burbulla inmobiliaria ou a apropiación dos mellores espazos.

Se non o remediamos teremos unhas cidades famélicas con moita desigualdade interna e espremidas tanto que resultarán non sostibles, non humanas. Cando a desfeita pareceirreparable  os  diversos  responsables  desaparecen  da  escena  gozando  dos  réditos  detantas conquistas. Algúns reclaman medallas e condecoracións e devecen por ver os seus nomes en rúas e parques e ser elevados á categoría de fillos predilectos ou outros recoñecementos que non merecen.

A bandeira en que se envolven os que romperon e rompen as cidades é a do poder económico glorificado por clans que deixan tras de si débedas supremas e unha grosa gabeta de asuntos por resolver. Porque pasado o tempo outros terán que curar as feridas e devolver as cidades para a maioría. Reconquistalas.

Pero como se curan as feridas? Como se recupera a dignidade da cidadanía? Houbo quen xa postos xogou a borrar sinais de identidade, a glorificar a desmemoria, a humillar a lingua propia da cidade. A vender como óptimo o que era un auténtico desastre.

Neste novo ciclo político cómpre reformular, renovar, reconstruír as cidades rotas. Darlle a volta a todo comezando desde o campo estratéxico das ideas. Con elas desandaremos os peores atallos e sinalaremos novos horizontes. Non doutra maneira contemplo a chamada rebelión das cidades a partir do mapa municipal nacido das eleccións de maio. E que pode espallarse por ámbitos supramunicipais.

Pero non  existe ningún cambio se non vai acompañado pola mobilización, o compromiso, a esixencia e o apoio da xente. Tamén temos que facer autocrítica paraimpedir que os de sempre usen as cidades como xoguetes lucrativos e para non lles permitir que sigan usando os seus múltiples poderes para que a tiranía non desapareza.

No país,  no estado,  na Unión as cidades  son a  base  da convivencia e  da  busca daxustiza. Para algúns son puro negocio. Para a maioría é o espazo no que a verdadeirademocracia se xoga o ser ou non ser.